O pasado 23 de febreiro actuamos na casa das Campás, en Pontevedra,  como remate a unha conferencia impartida por D. José María Fernández, que é o presidente da asociación do alumnado senior do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, nun acto organizado polo Vicerreitorado e a mencionada asociación do alumnado senior . A conferencia, que estivo moi interesante, levaba por título: “Relacións interxeneracionais no programa universitario de persoas maiores. Unha aproximación experiencial do ciclo integrado no campus de Pontevedra”.

Nestes días estiveronse a celebrar diversos actos culturais co gallo do 180 aniversario de Rosalía de Castro e nós puxemos a nosa pequena contribución coa interpretación de tres cancións con letras súas, Negra Sombra, de todos coñecida, e outras dúas cancións coas súas poesías e ás que lle puxemos música: Soia e Vaguedás. A verdade é que disfrutamos moito deste pequeno concerto e, como o público asistente estaba totalmente implicado, creouse un ambiente moi agradable, o que nos levou a interpretar catro cancións máis das previstas.

Queremos agradecer ao Vicerreitorado da Universidade de Vigo do campus de Pontevedra a oportunidade que nos ofreceu de tocar neste marco incomparable, en pleno corazón de Pontevedra, e especialmente a José María Fernández pola súa xestión para que esto fora posible.

 

Caruma: Neno

Publicado: 8 Febreiro, 2015 en Vídeos

Aquí vai unha pequena mostra da nosa música: actuación no Muiño Vello de Redondela o día 3 de febreiro de 2015. Ainda que está un pouco oscuro pódese apreciar algo do que facemos. A canción leva por título Neno.

Caruma no Muiño Vello de Redondela.

Publicado: 6 Febreiro, 2015 en Concertos

Caruma_no_muiño_vello_25

O pasado martes día 3 de febreiro, ás 22:15 horas, o grupo CARUMA ofreceu unha gran parte do seu repertorio nun concerto íntimo celebrado no incomparable marco do Muiño Vello de Redondela.

A pesares da hora e da climatoloxía pouco agradable, que non animaba a saír da casa, déronse cita alí unha serie de afeccionados á música en vivo, que poideron disfrutar coas súas cancións.

Esa noite soaron no Muiño Vello, local cunha moi boa acústica, algunha das cancións propias do grupo como: Día de foliada, Aire, Neno, Á conquista do universo, Soia (con letra de Rosalía) ou Para América. Tamén soaron fados como: Rua do capelao, Cartas de amor, Da tempo ao tempo, Lágrima ou Mariquinhas. E, por suposto, non podía faltar algunha das cancións galegas imprescindibles como: Quen poidera namorala ou Negra Sombra.

O público que asistiu puido gozar da súa música e, aínda que había xente que xa os coñecía, para a maioría dos asistentes supuxo unha sorpresa e, como dicía Delio, o muiñeiro, superou de sobra as expectativas.

Para todos aqueles que non puidestes estar alí, emprazámosvos para o seguinte concerto, que será…

Más fotos:

Concertos

Publicado: 21 Xaneiro, 2015 en Coñece a Caruma

O vindeiro día 3 de febreiro daremos un concerto no MUIÑO VELLO  de Redondela (Camiño Contixe, 4) a partires das 22,30 horas onde, ademáis de escoitar a nosa música, podes disfrutar tamén dunhas deliciosas tapas.

!Agardamoste!

Concerto de Lérez

Publicado: 25 Febreiro, 2014 en Concertos

O día 31 de xaneiro actuamos na Casa da Cultura de Lérez invitados pola Asociación Socio-cultural Cedofeita. Dese concerto gardamos un gran recordo tanto polo público como pola atención recibida. Aquí quedan unhas fotos do concerto.

Caruma na prensa

Publicado: 7 Febreiro, 2014 en Prensa

Caruma_2

Faro de Vigo. Pontevedra 4 costados (25 de febreiro de 2014)

Caruma_faro_de_Vigo_25_02_14

Concerto na casa cultural de Lérez o día 31 de xaneiro de 2014:

Pontevedraviva.

Concerto no Mercantil o día 24 de xaneiro de 2014:

Pontevedraviva.